3 de decembro, Día Inernacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, día Internacional das Persoas con Discapacidade, dende a Rede Museistica queremos  recordar, a obligación dos museos como posibilitadores do empoderamento das persoas con capacidades diferentes a través da arte

 

 

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A arte como ferramenta social

Hoxe queremos compartir convosco unha presentación de Mónica Álvarez, da asociación ACADAR. Nela fai un percorrido histórico sobre a discapacidade na arte. Á súa vez enlázao con como pode, actualmente, converterse nunha ferramenta para o cambio social. Esperamos que vos resulte tan fascinante como a nosotrxs

https://prezi.com/embed/btsvvkf08toc/?bgcolor=ffffff&lock_to_path=0&autoplay=0&autohide_ctrls=0&landing_data=bHVZZmNaNDBIWnNjdEVENDRhZDFNZGNIUE12dVlXYk9ET1c0Tlo4VjJRNEJrOE53TytnU2xZazRGWmp5cTBqdm0yQT0&landing_sign=9Vj5rLuAG7xqqWtlFOdGEP2VUieggaJZUYMQ2FOYXG8

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Só Persoas

Cando ó almanaque xa so lle queda unha folla, adoitamos a aproveitar para volver a vista atrás e facer unha pequena valoración ou reflexión daqueles feitos que foron enchendo as follas que faltan.

Poida pois que sexa polas datas nas que nos atopamos, porque nesa derradeira folla do almanaque o día 3 ven sinalado como o “Día da Discapacidade”, ou porque xa pasados catro anos é un prazo razoable que nos permite valorar cunha certa obxectividade, imos agora a evaluar o resultado da incorporación dunha persoa cunha discapacidade, no meu caso a cegueira, na plantilla da Rede Museística Provincial de Lugo.

Esta valoración farémola dende catro perspectivas ou puntos de vista, a persoal do traballador, a da adaptación do posto de traballo, a do resto do persoal e a do público receptor dos servizos.

Dende a perspectiva persoal, a do traballador cunha discapacidade, destaquemos que  o traballo dignifica, permítelle á persoa realizarse e sentirse membro activo da sociedade na que vive, dándolle a remuneración económica do traballo realizado autonomía, independenza  e liberdade.

E sendo a inserción laboral o último elo da accesibilidade e inclusión social.

Así pois, para min o feito de pasar a formar parte do cadro de persoal da Rede Museística, supuxo un aumento da miña autoestima. Son quén de levar a cabo un traballo, e un traballo que ademáis se me recoñece, e polo que me pagan un salario, que me permite levar unha vida independente e na que son eu a que decide que facer con ela.

Para conquerir un pleno desenrolo do posto de traballo, é preciso unha adaptación previa  tendo que, por unha banda, derrubar unha chea de barreiras, as propias sobre si se vai ser capaz de cumprir coas obrigas laboráis, as dos compañeiros que teñen as mesmas dúbidas, e as do usuario que tende a analizar o traballo da persoa con discapacidade dende a empatía e a solidaridade e non dende a profesionalidade.

Tamén, por desgraza, cada grupo de discapacitados traballamos a accesibilidade so dende a nosa propia discapacidade, e non en conxunto. Polo que hai que facer un esforzo e buscar o empatizar con todos e todas, adaptar o discurso para todas as capacidades, procurando a accesibilidade universal.

Logo, por outra banda, hai  que buscar as axudas técnicas precisas, pero tamén a adaptación e accesibilidade da colección. No meu caso particular, o Museo do Mar é xa un museo moi adaptado, pero que contén na súa colección un gran arquivo fotográfico que me provocaba terror. Pánico que conseguín superar grazas a unha acción formativa que se chamou FOTOGRAFÍA A CEGAS. Na que un grupo de dez persoas con discapacidade visual e eu, descubrimos que as imaxes fórmanse no cerebro. Que os ollos son só o medio, igual que na fotografía a cámara é o medio de expresar con imaxes sentimentos e emocións que previamente se conforman no noso cerebro.

Concluíndo pois co que se refire ao meu traballo nestes catro anos, e sendo a miña, unha valoración totalmente subxetiva, penso que conseguín convertirme nos ollos dos meus compañeiros e do público que nos visita. Nunha profesional, con carencias e fortalezas, con fallos e acertos, pero unha profesional e non a “pobriña cega”.

Outra valoración do que supón a incorporación dunha persoa con discapacidade nunha plantilla de traballadores, é a que fai o resto do cadro do persoal. Que nun primeiro momento ve con terror como na vez de aumentarse o número de persoas coas que repartir a carga de traballo, o que se fai é aumentarlle a súa parte, encargándolle o coidado dunha persoa con discapacidade. E que ademáis se vai a ver en moitos casos como un ou unha privilexiada que accedeu ó posto grazas a reserva de prazas, ou por que lle sae máis barato ao empresario.

O feito de ter que convivir cunha persoa con discapacidade vaille ensinar ó resto da plantilla que ésta non é máis que unha persoa coma outra calquera. Que precisa, eso si, de algún tipo de adaptacións para poder desenrolar  o seu traballo, e que haberá unha serie de tarefas que non poderá levar a cabo. Pero que de seguro demostrará ser moi competente noutras, porque todos e todas temos capacidades diferentes, todos e todas temos áreas nas que nos sentimos máis cómodas e capaces.

Polo tanto, co paso do tempo, faise evidente o espírito de superación e o esforzo que ten que facer esta persoa para amosarlle ao resto a súa competencia, e iso fai emerxer no resto o ánimo de colaborar e formar equipos nos que compartir e repartir as tarefas, para que o traballo resulte máis doado.

O último grupo para valorar o traballo dunha persoa con discapacidade nun museoé o dos usuarios.  As persoas que acuden a visitalo, as que participan nas actividades que se organizan regularmente no mesmo, e niste caso, pódovos asegurar que o que aporta unha persoa con discapacidade é normalidade. Isto é, a aceptación e comprensión de que a sociedade está formada por todas e todos, e que iso inclúe a moi diversas e diferentes persoas. Pero todas, eu, ti os outros e outras, todos somos PERSOAS. Sen máis apelidos, sen máis calificativos, PERSOAS.

Publicado en Colaboracións, Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Lugo, un patrimonio un pouco mais accesible

Este pasado luns, día 30, inaugurar nos xardíns de San Marcos de Lugo o ascensor que permite acceder á nosa muralla. Unha reivindicación que se inicio no 2004 e que permitirá gozar dun dos símbolos do patrimonio lucense a todas as persoas con mobilidade reducida que o desexen.

No acto estiveron presentes, entre outros, un amigo deste blogue, Aquilino González. Por todos é coñecido o labor que fixo Aquilino por que este proxecto sexa unha realidade e sabemos que esta vitoria, que é de todos, representa algo moi especial para él.

O acto coincide co XV aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. E como comentou Aquilino, o día da súa posta en servizo, pode contribuír para que Lugo promociónese como un “destino turístico accesible”.

Desde este blogue queremos celebrar este día con esta fantástica noticia da que todos nos beneficiaremos. Un a vez mais felicitar a todos os que o fixeron posible e un abrazo moi forte a Aquilino por non renderse xamais na súa loita pola accesibilidade.

 

Publicado en Novas, Uncategorized | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

José, o señor das sereas

Hoxe cruzamos o charco ata México para traervos unha nova historia de superación. Trátase de José, un artesán oaxaqueño que realiza figuras de sirenas moldeando barro. Realízaas usando unicamente o seu tacto, xa que José é invidente. Ao principio custoulle, pero como el mesmo di no vídeo: “Descubrín que si se pode”

 

 

Publicado en Novas, Uncategorized | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

A IMPORTANCIA DA CONTINUIDADE

Neste blog témonos referido en moitas ocasiòns á nefasta moda imposta nestes días de programar en base a efeméride.

Deste xeito ímonos atopando  con que nos diversos medios sociáis e culturais prográmanse as actividades en razón dos días sinalados no almanaque, e así en marzo haberá accións relacionadas coa muller traballadora, en decembro coas persoas con discapacidade, ou en novembro coa violencia de xénero.

Está moi ben todo este tipo de programación eventolóxica, se me permitides a licencia de inventar a palabriña, pero o que de verdade fará cambiar a sociedade, e ó final o mundo, é a continuidade, o ser constantes e repetitivos ata facer da excepcionalidade normalidade.

A Rede Museística Provincial de Lugo ten o convencemento de que so dende a continuidade será posible ese cambio, ese empoderamento da sociedade, e por iso na súa programación busca conxugar innovación e aperturismo coa continuidade dos camiños abertos.

De nada serviría visibilizar un día o papel da muller na arte para logo darlle as costas, para qué implicar ós migrantes o 18 de Decembro e logo esquecelos,cál é o sentido de por unha rampla para acceder a unha institución se logo non se fan accesibles ós seus contidos, …

Por todo o isto, tras do éxito da primeira edición do obradoiro Fotografía a cegas, decidiuse facer unha segunda.

Na primeira fomos 8 os cegos que nos atrevimos co reto de enfrentarnos coa imaxe, algo co que en principio parece que estamos reñidos, e o resultado foi que ademáis de aprender unha serie de técnicas sobre dos tipos de planos, da velocidade á que pasa a luz polo obturador ou a posición que debemos ter respecto da luz á hora de disparar, descubrimos que coa fotografía o que pretendemos é gardar, perpetuar momentos, sensacións, sentimentos, e todo iso expresado nunha imaxe.

Pois ben, o proceso de formar imaxes, comenza na nosa cabeza, e unha vez que tes claro o que queres reflexar e tes composta a imaxe que o exspresa non hai máis que apretar o botón varias veces, unas veces un pouco máis a esquerda, outras almo máis á dereita, logo dous metros máis adiante e logo un par máis atrás, e xa queda só contar coa axuda duns ollos amigos que che conten o que se ve na foto e che axuden a decidir cal é a boa, cal é a que de verdade amosa o que ti querías expresar.

Na segunda edición do obradoiro repetimos e ampliamos todos eses coñecementos e enfrentámonos a un novo reto, o do audiovisual, no que se cadra nos atopamos algo máis cómodos porque contábamos co apoio do audio, da voz, do son, a nosa forma máis frecuente de recibir información.

Os resultados foron uns fermosísimos recordos de momentos maravillosos vividos por un grupo de cegos que aumentou de oito a catorce cos catro profesores e o persoal da Rede, sempre disposto a axudar, unha preciosa e emotiva exposición con fotos tanto dos artistas que impartiron o curso como por suposto dos que participamos nel e que xa somos uns expertos, e unha nova edición do obradoiro que seguramente antes de que remate o ano se levará a cabo, porque como xa dicíamos ó comenzar estas liñas, hai que facer da excepcionalidade normalidade, non chega con promover unha actividade aislada, hai que buscar a continuidade, hai que enredar e buscar a implicación continuada de todos e todas.

Non podería  rematar sen ter unha moi especial lembranza para Chona Díaz, unha das novas enredadas na segunda edición do obradoiro, e que foi a máis entusiasta, participativa,ilusionada, e animosa do grupo, e que nos deixou xa fai uns cantos meses sen poder ser testemuña da fermosa obra que entre todos conquerimos, pero que grazas á maxia da fotografía xa permanecerá co seu pelo e os seus fulares de cores , o bastón branco, o permanente soriso e o seu total optimismo e vitalidade   na memoria de todos os que tivemos o privilexio de coñecela.

Vai por ti, Chona.

Chona en Fotografía a cegas.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Redes de mulleres

álbum de mulleres

Na Rede Museística Provincial temos a plena seguridade de que o Museo, como Institución, é un instrumento ao servizo da sociedade. Un instrumento de ida e volta que serve,  tanto para achegar o patrimonio cultural á sociedade, como para  que a sociedade se achegue ao patrimonio cultural e achegue ao Museo máis patrimonio cultural.

E por iso que o Museo debe abrir as súas portas, o que sempre dicimos de “Museos dentro-fora”, para deste xeito permitir un intercambio,un diálogo, un aprendizaxe de todas as partes, que poña en valor a memoria e a identidade dunha comunidade no seu presente, pasado e futuro.

Estas fermosas teorías, tantas e tantas veces repetidas por prestixosos autores, tratamos de facelas realidade na Rede Museística Provincial de Lugo.  Un bo  exemplo foi o proxecto “Álbum de recordos de mulleres da Mariña” levado a cabo no Museo do Mar.

Participantes

Os membros do Club Sénior deste museo, encargáronse de buscar nas súas vellas caixas de fotografías alguna que servise de fío conductor, de nexo de unión, coas súas historias. As historias desas mulleres serviríamos para, pouco a pouco, tecer unha rede que nos permitise entender as peculiaridades da muller mariñeira, a muller da comunidade na que se asenta e se integra o Museo do Mar.

O resultado desa tarefa, dura nalgúns casos porque non sempre as lembranzas foron agradables, foron dezaséis relatos nos que podemos certificar a crudeza da vida da muller mariñeira.  Que ao tempo que se adicaba ao cuidado familiar, casa e labranza, era: mariscadora, peixeira, redeira, carpinteira de ribeira, esposa , nai ou filla; que choraba as ausencias dos seus; que outeaba nubes e ventos tratando de averiguar as tormentas; que os días de festa, despóis de ter traballado todo o día, bailaba e ría ata que volvía a saír o sol.

Estes relatos foron acompañados de pequenos obxectos cotiáns para elas, como sachos de mariscar, pranchas de carbón, muiños de café dos de manivela, roupiña tecida para os fillos, a maleta coa que embarcaron…

E todos iles, enganchámolos nunha rede, unha rede que fixemos entre todos e que nos atrapou a todos, creando así unha sinxela pero fermosa e sentida intervención no espazo do Museo.

O proxecto rematou coa posta en común de todos os relatos, narrados polas súas autoras, e grabados en vídeo para deixar testemuña dese pedazo de historia da Mariña.

Unha intervención

Este sinxelo traballo, do que  nos sentimos orgullosos e agradecidos, é unha mostra do empoderamento dunha comunidade co seu Museo, dun achegamento de patrimonio inamaterial ao Museo, un exemplo da teoría feito realidade e que nos mostra unha vez máis que o nome deste Blog está moi ben posto, MUSEOS POSIBLES!!!

Ángeles Migueléz

Publicado en Colaboracións | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Premios Fundación ANADE

Desde a Fundación ANADE comunícannos que xa están abertas as convocatorias para o X Premio Internacional de Fotografía sobre a Discapacidade e o IV Premio de Artes Plásticas realizadas por Persoas con Discapacidade.

No caso do de fotografía tedes até o día 10 de novembro para presentar os vosos traballos e podedes ver todos os detalles da convocatoria na seguinte ligazón:

FOTOGRAFÍA

Para o de artes plásticas tedes até o 21 de outubro para enviar os traballos e podedes consultar a información mais detallada na seguinte ligazón:

ARTES PLÁSTICAS

Gustaríanos felicitar á Fundación ANADE por estes premios e por todo o labor que realizan diariamente. Podedes seguir todas as novidades de ANADE na súa web, www.fundacionanade.org,  ou mais directamente na súa páxina de facebook.

Publicado en Concursos | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Gabor

Hoxe queremos recomendarvos un documental que gañou numerosos premios, entre eles o de mellor documental español do festival Documenta Madrid 2014, trátase de Gabor.
A Sebastian Alfie encárganlle rodar un anuncio para a fundación Ollos do Mundo, sobre a cegueira nunha zona de Bolivia. Para poder realizalo precisa un tipo de cámara que poucas persoas teñen, unha desas persoas e Gabor, un director de fotografía retirado que agora aluga material de rodaxe.

Cando Sebas coñece a Gabor todo cambia. Gabor ten moita experiencia como director de fotografía, profesión que exerceu durante moitos anos, antes de quedar cego. Ao coñecerllo, Sebas decide cambiar de plans e contratar a Gabor como director de fotografía para a súa rodaxe. Ambos emprenden entón unha aventura na que Gabor vese obrigado a esquecer os límite que se  auto impuxera por mor da súa cegueira. Unha historia de superación que non vos deixará indiferentes.

Compartimos convosco o trailer e animámosvos a que se tedes a oportunidade de velo non a deixedes pasar

Publicado en Novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Efemérides non, grazas

Nos nosos almanaques atopámonos con que a maior parte das datas están sinaladas como o “Día de”. Ó ler as novas no xornal ou ver os informativos, hai centos de imaxes de xente con caras de moita implicación participando en actos conmemorativos.

É certo que segue sendo preciso concienzar da necesidade de loitar por conquerir algún dos moitos dereitos e principios que deberan rexir as nosas vidas. Aínda é necesario movilizarnos por causas xustas e en prol de todos e todas, como poden ser: o fin da violencia de xénero, a inclusión social das persoas con discapacidade, a igualdade de dereitos laboráis entre homes e mulleres, a defensa da infancia ou a protección dos espazos naturáis ou do patrimonio.

O ideal, o noso obxectivo a conquerir e polo que loitar, é suprimir todas esas datas do almanaque, lograr un mundo plenamente inclusivo, solidario, sen fendas de poboación discriminada.Pero iso é un soño, polo menos ata agora, e por iso temos que seguir lembrándolle á sociedade que hai que loitar por facelo realidade.

Pero unha cousa é a necesidade de concienciar á comunidade das carencias dos colectivos máis perxudicados, e outra facer destes “Días de” unha festa na que amosar por un día unha cara moi comprometida e solidaria, para o día seguinte esquecersenos todo.

Cando de verdade se quere traballar a prol de metas como a inclusión social das persoas con capacidades diferentes, das persoas con culturas diferentes, das persoas en risco ou en total exclusión social, temos que fuxir das efemérides, da celebración do “día de” e logo esquezernosata o ano seguinte. Temos que ir a un traballo prolongado no tempo e sen interupcións, un traballo con altos e baixos, con triunfos e derrotas, con alegrías e tristuras, pero sempre cara adiante, avanzando hacia a meta final, sen espazo para o pesimismo ou o derrotismo.

Iso é o que dende hai xa anos se ven facendo dende a Rede Museística Provincial de Lugo. Os nosos proxectos son proxectos a longo prazo, proxectos nos que non se busca o titular e saír ó día seguinte no periódico, senón a continuidade no tempo, a consecución do obxetivo. Por iso, proxectos como Museos 25.2, cos internos do cárcere de Bonxe; Museos de aquí e acolá, con persoas provintes de diferentes culturas; ou o traballo coas diferentes capacidades, prolónganse no tempo durante anos, créanse redes de colaboración, establécense vínculos de fidelidade.

Eu mesma son un claro exemplo. O pasado mes de novembro cumplín o meu primeiro trienio como traballadora da rede, xa son tres os anos que unha persoa cega está traballando no Departamento de Educación coa axuda de todo o persoal da Rede.

Tedes que perdoar que exemplifique en min o que eu entendo que é á boa labor, o verdadeiro camiño, pero realmente penso que esa é a forma de traballar. Non buscar a fotografía, o titular dun día, facer un traballo máis calado pero máis efectivo. Sen prazos de tempo senón con metas e obxetivos que alcanzar, no que o que importan son as persoas que forman parte do proxecto e non o minuto de gloria nun informativo ou o titular nun xornal.

Como iso é o que penso, non me puiden resistir a compartir convosco a miña idea de EFEMÉRIDES NON, GRAZAS- Proxectos con persoas e para persoas.

Angeles Miguélez

Publicado en Colaboracións | Etiquetado , , | Deixar un comentario