Museo Provincial do Mar

Horario

Horario de inverno (de outubro a maio)
Martes a sábado:
Mañás de 11:00 a 14:00
Tardes de 16:00 a 19:00
Domingos e festivos:
Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado

Horario de verán (de xuño a setembro)
Martes a sábado:
Mañás de 11:00 a14:00
Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos:
Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado

O Museo permanecerá pechado os días 1 de xaneiro (Aninovo) 22 de Maio (Santa Rita), 24, 25, 31 de decembro e os dous festivos locais que acorde fixar o concello de Cervo cada ano

Entrada gratuíta

Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
San Cibrao
27890 Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594 572 / museodomar@museolugo.org

Historia

Este Museo debe o seu nacemento no ano 1969  a  D. Francisco M. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras.

Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo.

O Museo conta con catro salas:

A primeira sala mostra documentación gráfica, maioritariamente fotografías, de San Cibrao así como da flota galega dos primeiros anos do século XX e unha máquina de vapor.

A segunda sala  está dedicada  á caza das baleas en San Cibrao (da que xa existen documentos no século XVI) nela amósanse restos óseos de baleas capturadas en San Cibrao, algúns do  S.XVIII, e con medidas que poden acadar os catro metros de lonxitude. Expóñense tamén útiles usados no despezamento destes cetáceos. A sala complétase con paneis informativos sobre os diferentes tipos de baleeiras, unha clasificación xenérica dos tipos de cetáceos e o aproveitamento da balea.

A terceira mostra unha colección malacolóxica onde se poden observar numerosas pezas agrupadas nos cinco principais grupos de moluscos.

A cuarta está composta por abundante instrumental de navegación como compases, sextantes, rodas de temón, farois, áncoras, cartas náuticas, etc.

Deixar un comentario