Os autores de comunicacións, vídeoanimacións e proxectos presentados recibirán un certificado que acredite a súa condición de relatores no congreso. campUSCulturae poderá publicar os textos das comunicacións (recoñecendo expresamente o nome dos autores dos mesmos, que renuncian a percibir calquera remuneración en concepto de autoría). Asemade, poderá divulgar as vídeoanimacións e os proxectos a través da súa web, das súas publicacións impresas ou da canle campUSCulturae RTV, solicitando sempre a autorización previa e expresa dos autores, cos que subscribirá os oportunos contratos.
es), comisarios do congreso e coordinadores de campUSCulturae.
Comité científico
Dr Tomasz Domanski, decano da Facultade de Estudos Internacionais da Universidade de Łódź (Polonia)
Priscila Hernández Flores, Premio Internacional de Xornalismo “Rey Juan Carlos I”, Universidade de Guadalajara (México)
Dra. Mar Lorenzo Moledo, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santia- go de Compostela
Dra. Elena Marushiakova, presidenta de Studii Romani (Bulgaria)
Dr. José Pereira Fariña, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago
Dr. Anxo Queiruga Vila, presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Comité de seguimento e de organización
Irene García García, coordinadora de campUSCulturae
Moisés Limia Fernández, membro do grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela
José Antonio Mondragón, doutor en psicoloxía e xestor cultural da Factoría Arte y Desarrollo
Xosé A. Neira Cruz, coordinador de campUSCulturae, profesor da Facultade de Ciencias da Comunica- ción da Universidade de Santiago de Compostela
Nerea Pallares, xornalista
Clara de Sáa Quintas, directora do programa Convivir en Igualdade, da Radio Galega
OBRADOIROS: DESCRICIÓN E OBXECTIVOS
Cada alumno deberá escoller o obradoiro ao que desexa asistir por orden de preferencia e indicalo cun número na ficha de matrícula.
O TEATRO REHABILITADOR (luns, 3 de decembro)
Preséntase o obradoiro como un espazo de expresión, normalización, reivindicación e visibilización. Prestarase especial atención ao discurso, ao texto e á expresión corporal para xerar habi- lidades sociais e de vida. Na acción teatral utilízase a un potencial público futuro como espello.
OBXECTIVOS DO OBRADOIRO
Presentar o teatro como ferramenta de integración social. Adquirir técnicas relacionadas coas artes escénicas. Dotar aos asistentes de técnicas para a rehabilitación.
Impartido por:
David González Hernández, actor, formado na escola de Cristina Rota, da que posteriormente foi profesor durante catro anos. Realiza, desde o ano 1992, diferentes campañas escolares. Coa compañía “Arrecife” para o concello de Madrid (dentro do programa “Madrid un libro abierto”) durante 7 anos en colexios de educación especial e normalizados. Coa compañía “O globo vermello” (responsable das campañas de teatro para persoas con discapacidade do Concello de Madrid) durante 6 anos de xira por España, dentro da obra social de Caja Madrid.
IMPLICACIÓN DOS PROFESIONAIS NA REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL (martes, 4 de decembro)
Obradoiro no que se van presentar os principais aspectos e elementos que determinan as actitu- des da poboación xeral cara ás persoas con discapacidade intelectual. Contrastaremos estas experiencias coas do equipo artístico da función teatral “Nuestro hermano”, que pasaron do absoluto descoñecemento da realidade deste colectivo a unha interacción cotiá e sistemática coas persoas para as que estiveron impartindo obradoiros na fase de preparación da obra.
OBXECTIVOS DO OBRADOIRO
Realizar unha análise sobre a realidade das persoas con discapacidade intelectual e as actitudes que a poboación xeral manifesta cara a eles.
Reflexionar sobre as actitudes dos profesionais e os integrantes de asociacións e outras entidades que traballan para a mellora da calidade de vida deste colectivo.
Analizar os distintos posicionamentos dos profesionais cara ás persoas con discapacidade intelectual no proceso de intervención con este grupo de persoas.
Xerar un espazo de intercambio de experiencias sobre este tipo de actividades con colectivos e entidades que traballan con persoas con discapacidade intelectual.
Impartido por:
José Antonio Mondragón, doutor en psicoloxía e xestor cultural, e o actor e as actrices da obra “Nuestro hermano”: Cecilia Frei- re, Javier Ruiz de Somavía y Raquel Pérez
LITERATURA INTEGRADORA: RECURSOS E ESTRATEXIAS PARA CAMBIAR O PARADIGMA (mércores, 5 de decembro)
Partindo da presentación duns esquemas arredor do xeito no que funciona o poder na nosa sociedade que permitan identificar e recoñecer os prexuízos –activos e pasivos – do mundo occidental e os conseguintes puntos cegos que resultan da normalización da exclusión sistemática de representacións de persoas ou grupos con menos ou sen poder, os alumnos van aprender a tratar e traballar un tema social ou grupo historicamente excluído desenvolvendo sinopses para historias que inclúen a integración dese tema social ou grupo marxinalizado segundo as 3 etapas explicadas ao comezo.
OBXECTIVOS DO OBRADOIRO
Crear un só texto ou proxecto a partir das metodoloxías desenvolvidas na parte teórica
Educar e concienciar aos alumnos sobre a cantidade de prexuízos activos e pasivos e as súas consecuencias
Ofrecer recursos e estratexias para recoñecer e combater os prexuízos inconscientes e ser activamente inclusi- vos en todas as creacións.
Impartido por:
Lawrence Schimel, autor neoiorquino. O seu álbum ilustrado ¿LEES UN LIBRO CONMIGO? (Panamericana), foi seleccionado pola International Board of Books for Youth para Outstanding Books for Young People With Disabilities 2007 e NO HAY NADA COMO EL ORIGINAL (Destino) foi seleccionado pola Biblioteca Juvenil Internacional en Munich, Alemaña para os White Ravens
2005. Entre os títulos que publicou para adultos destacan o premio Lambda Literary, o Spectrum, e o Independent Publisher Book
Award, entre outras mencións e galardóns, e a súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas.
PROXECTO INFANCIA (xoves, 6 de decembro)
É un proxecto educativo infantil desenvolvido no entorno da fotografía, desde unha idade temperá (arredor dos 4 anos) con obradoiros de manualidades, até os 16 anos, con obradoiros de fotografía en branco e negro.
Entre ambas idades analizaranse as características inclusivas e as potencialidades dos diferentes modelos de obradoiro, atendendo a cada unha das necesidades, que van desde a fotografía básica analóxica até os obradoiros de iniciación audiovisual.
Impartido por:
Andrés Vargas Llano
Nace en Lima (Perú) e vive en Madrid desde hai 10 anos. Realizou un máster de especialización en Fotografía na Escola de Fo- tografía de Madrid, é socio cofundador da Asociación Cultural Espazioidea e compaxina as súas actividades nesta entidade coa subdirección na Galería del Cisne de Madrid.
As súas obras forman parte de coleccións en Colombia, Italia, Estados Unidos, Australia, Argentina, Francia, Suíza e España.
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
ACTIVIDADE CONGRESUAL: “Itinerancia_Con-sentida”
Finalidade:
- Experimentar e intervir no espazo público en busca de xerar novas relacións dos corpos co espazo e a cidade, conformando unha serie de mapas subxectivos.
- Reapropiarse do espazo público como orde imposta que regula os nosos corpos, vivencias, desprazamentos e relacións.
Previamente, o colectivo de artistas determinará a área xeográfica da cidade elixida para a intervención. Unha vez conformado o grupo, realizaremos un encontro no que traballaremos sobre o plano e rueiro da zona de intervención, iniciando o proceso de construción dos microrrelatos individuais.
Eva Garrido e Yera Moreno, as encargadas das itinerancias, traballan en proxectos artísticos e educativos nos que buscan xerar espazos e procesos interdisciplinares, onde as fronteiras entre distintos saberes e linguaxes artísticas se dilúan e desestabilicen. Os seus traballos abordan as relacións que establecen os corpos co tempo e os espazos, expondo novas formas de experienciar o cotián que subvirtan a realidade normativa.
DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Coas actividades complementarias propostas pretendemos:
- achegar iniciativas do ámbito artístico e cultural dirixidas a sensibilizar, modificar actitudes, divulgar ou mellorar a calidade de vida de persoas e colectivos en situación de risco ou exclusión social.
- xerar un espazo de intercambio de experiencias sobre este tipo de actividades.
- contribuír á difusión de iniciativas artísticas e culturais desenvolvidas por persoas e/ou colectivos en situación de exclusión social.
RELACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
O MÉDICO A PAUS. COMPAÑÍA DE TEATRO PINCHACARNEIRO
Adaptación da obra de Molière, realizada por josé Comenero, na que unha muller e o seu home rifan por todo. Ela ve a maneira de vingarse facéndoo pasar ante os demais por un médico famoso que só vai recoñecer as súas aptitudes se é apaleado. Un pai desesperado porque a súa filla quedou muda de súpeto e precisa que recupere a fala para poder casala cun rico pretendente. A filla deixa de falar porque non quere casar con outro que non sexa o rapaz co que atopou o amor. Enredos, leas e caricatura dos personaxes da súa época.
Reparto
Valerio: Roberto López Ojea Sganarelle: Ángel López Carballeiras Lucinda: Marta Quiroga Blanco Martina: Ángeles Tejero Fernández Geronte: Arturo Rodríguez Pastur
Sr. Roberto: Ángel Cedrón Saavedra
Lucas: Miguel Meilán Pérez
Criado: Julio Fernández Pita
Criado: Marcos Rodríguez Blanco
Criado: Abel Núñez Saavedra
Perrin: Javi Iglesias López
Leandro: Juan Carlos Vázquez
Thibaut: Argimiro López
Jacqueline: Mª Carmen Couso
Adaptación de: José Colmenero
NUESTRO HERMANO
Teresa (40 anos) e a súa irmá María (35) reúnense, despois de moito tempo sen verse, na casa de súa nai, que acaba de falecer. Alí está tamén Jacinto, o seu irmán menor. Jacinto viviu sempre coa nai e ten dúas obsesións na súa vida: os cupóns dos cegos e o pantano que levan anos prometendo construír na vila. A súa discapacidade pode facerlle parecer menos esperto ca os demais, pero cando Teresa e María se enfrontan á decisión de qué deben facer co seu irmán, Jacinto demostrará o imprescindible que pode chegar a ser. Polo camiño, os tres terán que volverse coñecer os uns aos outros mentres se enfrontan ao peso inevitable dos segredos familiares.
Título: Nuestro hermano Autor: Alejando Melero Direción: Raquel Pérez
Produción: Factoría de Arte y Desarrollo
Reparto
María: Cecilia Freire
Jacinto: Javier Ruiz de Somavía
Teresa: Raquel Pérez
LA MÁQUINA DE ABRAZAR
Do dramaturgo español José Sanchís Sinisterra é unha obra que afonda sobre o tema do autismo como síndrome e síntoma crecente da nosa sociedade.
Unha viaxe polo universo do autismo, a través da cal as personaxes (Miriam, a terapeuta, e Iris, a paciente) confróntanse e expoñen no medio dun congreso a realidade emocional desta síndrome.
Ficha artística
Título: La máquina de abrazar Autor: José Sanchís Sinisterra Escenografía: Yaky Bonacic-Doric Vestiario: Clara Delgado Fotografía: Alfredo Tobías
Música: Ara Malikian
Iluminación: Hugo Vacas
Deseño Gráfico: Factoría de Arte y Desarrollo
Direción e produción: Nancho Novo
Reparto
Iris de Silva: Natalia Moreno
Míriam Salinas: Mabel del Pozo
HERÓICA 3
Esta interpretación da Sinfonía 3 de Ludwig van Beethoven, coñecida como a Heróica, nace co obxectivo de investigar e interpretar pezas chave da historia da música de orquestra e relacionalas coa danza contemporánea. Nesta proposta de creación colectiva, a nosa linguaxe se define grazas ao libre uso de diversas técnicas de danza contemporánea supeditadas ao obxectivo comunicativo da peza e á creación de estilo. Sobre o escenario, é significativa a relación coa peza musical e as diferentes individualidades que, unidas, crean unha linguaxe propia.
Ficha artística
Título: Heroica3
Producción: Lisarco Danza Direción: Rafael Soriano Escenografía: Icara Maiterena Vallejo Reparto
Bailarín: Marcos Lázaro Bailarina: Anuska Alonso Bailarín: Javier Alameda Bailarina: Marta Navarrete Bailarina: Guiomar Campos Bailarín: Alberto Almazán Bailarina: Alaia Urcelay